jueves, 26 de noviembre de 2020
viernes, 20 de noviembre de 2020
RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS
Deixámosvos os seguintes materiais para reflexionar e traballar co alumnado o tema da violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres, durante os días previos ao 25 de novembro, data na que se conmemora O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
NOVIDADES
Proposta de actividades
Actividade 1: Repartir tarxetas con diferentes actividades ao alumnado. Por exemplo: cociñar, coser un botón, depilarse as pernas, levar saia, ... Dividir o encerado en dous, nunha parte poremos as etiquetas que socialmente adoitan facer as mulleres, e noutra a que adoitan facer os homes. Acabamos a actividade borrando a liña que divide o cadro para explicar que aínda que adoitamos asociar determinadas tarefas a un xénero, non debería ser así, e cada un debe ser libre para crecer e realizar as mesmas tarefas que o outro.
Actividade 2: Lectura ou audición do conto.
Actividade 3: Repasar as mans nun folio. Intercambiar unha man cun compañeiro ou compañeira. De forma que unha man sexa a propia do alumno e a outra dun compañeiro ou compañeira. Pintar as uñas ao gusto.
Actividade 4: ( Alternativa á actividade 3) Decorar a seguinte imaxe.
miércoles, 18 de noviembre de 2020
PROPOSTA PARA DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
No CEIP De Domaio estamos moi
concienciados/as sobre a igualdade e a non violencia sobre as mulleres, polo que
propoñemos ao alumnado e as súas familias a elaboración dun cartel no
que se recolla un lema en contra da violencia de xénero ou sobre a
igualdade de homes e mulleres, rexeitando todo tipo de violencia e estereotipos
de xénero.
Despois realizade unha fotografía
retratándose co cartel, e enviala por Whatsapp ao centro antes do luns 23 de
novembro. Realizaremos un vídeo con todas as imaxes para conmemorar este día.
GRAZAS POR PARTICIPAR!!
XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO.
Preme na seguinte imaxe para ter acceso a materiais e actividades realizadas en cursos anteriores.
lunes, 25 de noviembre de 2019
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
miércoles, 28 de noviembre de 2018
VÍDEO CONMEMORATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Acto simbólico moi interesante e significativo gracias á participación de tod@s e a colaboración das familias na tarefa proposta que axudou a decorar o mural que temos na entrada do centro.
lunes, 19 de noviembre de 2018
SOMOS VALIOSAS, SOMOS IMPORTANTES
Cada nena/neno realizará un retrato dunha muller que sexa importante para el/ela e que formará parte do mural colectivo.
Deixámosvos os seguintes materiais para reflexionar e traballar co alumnado sobre a violencia e o maltrato; así como materiais coeducativos .
Na biblioteca do Centro haberá un espazo adicado aos libros sobre igualdade e coeducación.
Las princesas también se tiran pedos
viernes, 24 de noviembre de 2017
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Todas e todos manifestamos o noso desexo de que o Colexio Plurilingüe de Domaio sexa un espazo educativo de TOLERANCIA CERO contra todas as situacións de violencia de xéreno.
Quisemos recordar a algunhas mulleres que foron vítimas desta violencia, con panos pendurados do teito onde aparecían os seus nomes.
Todo o alumnado leu os lemas que traballaron nas aulas durante esta semana, e finalmente cantamos a canción "YA NO".








