DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN


Conto terapéutico 

Bo día nenos, nenas e familias!  Dende o departamento de orientación agardamos que esteades pasando estes días o mellor posible. Sodes un campións porque o estados facendo xenial. De agora en adiante imos comezar a subir algúns recursos que quizais vos son de utilidade para que o tempo pase máis rápido. O primeiro deles é un conto que agardo que disfrutedes.

O pequeno gnomo que tiña que quedarse na casaPor Susan Perrow, Marzo de 2020



NOTA INTRODUCTORIA:
Este conto foi escrito para ser contado a crianzas pequeñas (de 3 a 5 anos) que teñen que permanecer na casa durante a actual pandemia C-19. A canción final deixouse aberta para que as familias engadan máis versos a partir das suxerencias das crianzas. O conto pódese modificar para adaptarse a diferentes situacións, por exemplo, Nai árbore podería ser Pai árbore ou Avoa árbore ou Avo árbore. Quizáis prefira omitir a parte sobre a escuela dos gnomos. O protagonista podería ser un rato atrapado na súa casiña ou un paxaro que ten que quedarse a descansar no niño.

O PEQUENO GNOMO QUE TIÑA QUE QUEDARSE NA CASA 


O pequeno gnomo estaba estrañado. 


Por que tiña que quedarse na casa


Non sabía todo o mundo canto lles gusta saír e correr aos pequenos gnomos? 


Non podía ir á escola, non podía xogar cos seus amigos no bosque e os seus amigos non podían ir visitarlle. 

O pequeno gnomo estaba encerrado na súa casa nas raíces da árbore. 


Polo menos podía mirar pola súa xanela a través das rocas e as raíces da árbore. Sorprendeuse de cantas cousas podíanse ver: formigas correndo por alí, escaravellos de brillantes cores rubindo por entre as follas caídas e coellos de longas orellas saíndo do seu tobo e volvéndose a esconder. 

Pero a pesar de todas cousas que podía ver, o pequeno gnomo cada vez estaba máis impaciente. 
Por que tiña que seguir sen saír de casa? Non tiña sentido que non puidese saír. 


Entón Nai Árbore rumoreoulle:


 “As cousas non son como adoitaban ser, pero, confía en min, pronto poderás saír. 
Confía en min, confía…” 


O pequeno gnomo sabía no seu corazón que sempre podía confiar en Nai Árbore. 


Nai Árbore tiña a sabedoría de todo o bosque!

Nai Árbore sabíao todo. Os paxaros e o vento eran os seus amigos e os seus mensaxeiros. 
Visitábana todos os días e compartían con ela as noticias de todo o ancho mundo.


 O pequeno gnomo oía cando viñan os paxaros. Oíalles cantar alá arriba nas ramas de Nai Árbore O pequeno gnomo vía cando chegaba o vento. Vía como se balanceaban as ramas dun lado a outro. Ás veces tiña que pechar a xanela para que non entrasen as follas e o po que levantaba este amigo tan ocupado. 

Todos os días Nai Árbore rumoreáballe:

 “As cousas non son como adoitaban ser, pero, confía en min, pronto poderás saír. Confía en min, confía…” 

Así que o pequeno gnomo tiña que confiar e tiña que esperar. Sabía que pronto sería libre para saír a xogar entre as rocas e as raíces da árbore. 
Sabía que pronto sería libre para corretear de novo polo bosque. 


E mentres esperaba, sorprendíase de cantas cousas que facer podía atopar na súa cómoda casiña nas raíces da árbore. 

Remata con esta canción: O pequeno gnomo pode bailar. O pequeno gnomo pode cantar. O pequeno gnomo pode pintar e debuxar e dar pinchacarneiros no chan. 


O pequeno gnomo pode bailar. O pequeno gnomo pode cantar. O pequeno gnomo pode limpar e cociñar e aniñarse cun libro de contos. 


O pequeno gnomo pode bailar O pequeno gnomo pode cantar O pequeno gnomo .pode … e…


NOTA FINAL: 

Susan Perrow dinos que escribiu este conto cunha “estrutura de espello” O conto sinxelamente reflicte a situación e amplíaa con imaxes que axudan a compartir unha mensaxe que é demasiado forte para expoñela directamente aos nenos pequenos. Non menciona ningún límite de tempo, porque sería irresponsable xa que ninguén o sabe neste momento. O propósito deste conto é animar a aceptar a situación actual de “distanciamento social” e axudar a motivar aos nenos para buscar e gozar as actividades que poden facer dentro de casa. Para calquera a quen lle resulte novo o concepto de “conto sanador”, os contos poden axudar a navegar a través das emocións que xorden con diferentes clases de perdas e situacións difíciles. Aceptando no canto de resistíndose á verdade e revestíndoa coa roupaxe da imaxinación, os contos poden axudar a entreteXer a verdade na vida cotiá, sobre todo cos nenos pequenos

Ademais, adxuntamosvos un enlace a un vídeo de ioga con este mesmo conto. 
https://m.youtube.com/watch?v=9eTsVHdY9zE

Un saudiño e ata pronto!

5 comentarios:

  1. 10 Peixiños Poema/canción de lavarse as mans para nenos/as pequenos/as. Susan Perrow – marzo 2020
    Esta rima, serve para axudar a concienciar e establecer rutinas, sempre xogando e/ou cantando aos nosos nenos/ as, para protexerlles/nos de o posible contaxio do Covid.19.
    Cando esta alerta sanitaria pase. podemos seguir utilizandola para establecer rutinas de hixiene.
    Sirva tamén para celebrar o día internacional da poesía.
    Teño 10 pececillos
    Encántalles nadar e bailar
    Cada día gozan
    Da auga limpa,
    da auga fresca
    máis e máis.
    Cada peixiño frégase
    Con escuma xabonosa.
    Da cabeza á cola.
    da cola á cabeza-
    e unha fervenza de auga
    toda a escuma aclara.
    Os meus peixiños teñen que lavarse
    Moitas veces cada día,
    Antes de empezar a xantar
    despois de moito xogar e recoller.
    e tamén ao acabar o
    día.
    Todos os meus peixiños
    Despois de usar o baño,
    Gozan encantados dun bo enxabonado,
    Que é un bo traballo.
    Cando acaba a diversión,
    Sacudo ben as mans
    Os seco con coidado,
    E xa para outro sitio marchamos.
    Na páxina web de Tamara Chubarovsky tedes vídeos e tutoriais de actividades para facer coas vosas crianzas https://www.tamarachubarovsky.com/ : actividades con la, asamblea, canción para lavarse as mans, vídeos de cómo empregar unha linguaxe axeitada cando queremos que fagan cousas ou porlles límites, e rimas de dedos para axudalos a articular ben e a disfrutar en familia. Este material é para que o vexades e logo o experimentedes con eles e non para poñerlles os vídeos directamente. https://www.tamarachubarovsky.com/2020/03/20/como-sobrellevar-la-cuarentena-la-asamblea/ https://www.tamarachubarovsky.com/2020/03/20/cancion-para-lavarse-las-manos/
    Cristina Saraldi é tamén unha gran referencia para aprender ferramentas e recursos para disfrutar da convivencia e establecer un axeitado vínculo entre os membros da familia https://froggies.es/dias-sin-cole-en-casa/ https://froggies.es/juegos-para-comunicarte-sobre-coronavirus/
    No blogge de PT do CEIP de Espiñeira Aldan hai un symbaloo interectivo para poder traballar emocións, matemáticas, linguas, secuencias, quebracabezas, función executivas… http://ocurrunchodeespinheira.blogspot.com/
    Moito ánimo. Calquer dúbida e suxerencia seguimos á vosa disposición.

    ResponderEliminar
  2. https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3A7cbdc350-1b3c-4ade-b3f0-c7abaf4353e6

    ResponderEliminar
  3. Propostas de xogo
    https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3Aeb5a3835-01e8-4170-b8be-c86ad74432f0

    ResponderEliminar
  4. Mais xogos a cegas
    https://documentcloud.adobe.com/link/track?uri=urn%3Aaaid%3Ascds%3AUS%3A3fc6494c-a79a-42e8-af52-7e8a4e112549

    ResponderEliminar
  5. Outro contiño que pode axudarnos
    https://www.tamarachubarovsky.com/2020/03/30/o-becho-insolente/

    ResponderEliminar