INFANTIL



Ola familias,
Este curso xa está chegando ao seu fin, pero aínda nos quedan algunhas cousiñas chulas por facer.
Esta semana ímos preparar un xogo caseiro moi sinxelo  pero súper divertido e entretido.
Trátase de facer un camiño por onde levar unha pelotiña.

A base pode ser unha tapa dunha caixa de cartón, e nela montaremos o camiño ou labirinto. Cada un pode facer o nivel de dificultade que queira ou ir aumentando pouco a pouco os obstáculos.


Unha forma podería ser cos tubos de cartón do papel hixiénico a modo de túneles por onde ten que pasar a pelotiña.
                                                                  












Para maior dificultade pódese engadir paus depresores ou tapóns, por exemplo, que a pelotiña ten que sortear para seguir o seu camiño. 












Este xogo axuda a traballar a atención, coordinación e control do corpo, a paciencia e o esforzo, e ao estar feito por un mesmo ten un gran valor emocional e aporta satisfación persoal.


ÁNIMO PEQUES QUE DENTRO DE POUCO XA CHEGAN AS VACACIÓNS DE VERÁN!

ACTIVIDADES 8 DE XUÑO
ACTIVIDADES 8 XUÑO













Ola a todos unha semana máis!


Nesta ocasión a actividade vai ser como un reto. Preparad@s?
Veredes, trátase dun xogo coas mans. Tedes que facer os xestos que vos mostra a canción do video que está a continuación:




Parece complicado pero si practicades os movementos das mans  ao voso ritmo primeiro e despois o facedes ao tempo coa música, seguro segurísimo que sae. 

Así que moito ánimo, nada de rendirse, o esforzo ten a súa recompensa. Sería xenial facelo xuntos cando nos conectemos a través de Webex.

→ Unha última cousiña, para a próxima actividade gardade os tubos de cartón do papel hixiénico ou do papel de cociña, xa que  ímos precisar varios. 


Que teñades unha estupenda semana peques!



SEMANA 1 DE XUÑO
SEMANA 1 DE XUÑO














 Ola familias!
Para pechar o mes de maio, mes das flores , vos propoñemos como actividade a xardinería!

O contacto coa terra, coa auga e coa natureza é indispensable para os nos@s cativ@s, asi que aproveitemos estes días soleados para PLANTAR.

        Podemos facelo en macetas, no xardín ou no eido, en función do que dispoñamos.Que vos axuden a escoller plantas, unha boa idea e que den froitos, como as fresas, sería fenomenal poder comer as nosas propias, ou que tal plantar para facer a nosa ensalada ou bocata vexetal con leituga e tomate?.


       Tamén podemos plantar flores (margaridas, alegrías…) ou herbas aromáticas coma pirixel, romeu, ourego… existen múltiples opcións para escoller. Aquí vos deixamos un enlace moi interesante, onde vos dan ideas que ocupan moi pouco espazo e vos explican a importancia e plantar cos vos@s fill@s:


        Permitídelle que xoguen coa terra, coa auga, que estén en contacto coas texturas, o cheiro...

      Unha vez plantado, podemos pedirlle que as coiden, explicándolle a importancia de regar, da necesidade de luz ou de quitarlle as malas herbas, implicándoos no seu coidado para que asuman pequenas responsabilidades.






Podemos observar o proceso de xerminación da semente con experimentos moi doados con sementes (fabas, lentellas, aguacate…).




Tamén facer unhas divertidas personaxes as que lle podemos ir cortanto o pelo.



                      E todas as actividades que se vos ocurran!!




OLA A TOD@S, COMO ESTADES?
ESPERAMOS QUE BEN.

ESTA SEMANA  A PROPOSTA DE ACTIVIDADE É FACER…
   SOMBRAS CHINESAS.

UNHA BOA LUZ, UNHA PAREDE LISA E MOITA IMAXINACIÓN SON SUFICIENTES PARA XOGAR COAS SOMBRAS.
ESTA TÉCNICA PARECE QUE NACEU ARREDOR DO 200 A.C. BAIXO A DINASTÍA HAN COMO UNHA FORMA DE  ESPECTÁCULO SEMELLANTE AO TEATRO,  AÍNDA QUE POUCO A POUCO OS ARTISTAS TAMÉN  UTILIZABAN ESTE “XOGO” PARA PODER QUITAR O MEDO QUE ALGÚNS NENOS LLE TEÑEN Á ESCURIDADE.
PARA LEVAR A CABO ESTA ACTIVIDADE PRECISAMOS A LUZ DUNHA LANTERNA, POR EXEMPLO A DO MÓBIL, PROXECTADA HACIA UNHA PAREDE.

ENTRE A LANTERNA E A PAREDE POÑEMOS AS MANS OU OBXECTOS QUE VAN A CREAR AS SOMBRAS.  PODEN SER:
- AS MANS OU O PROPIO CORPO.
-    OBXECTOS DA CASA E XOGUETES.
-    SILUETAS FEITAS CON CARTÓN E UN PAUCIÑO PARA AGARRAR.




ESPERAMOS QUE SEXA UNHA EXPERIENCIA MARAVILLOSA QUE DESFRUTEDES EN FAMILIA. XA NOS CONTAREDES AS VOSAS FANTÁSTICAS HISTORIAS.

BICOS PARA TOD@S

SEMANA 18 -22 DE MAIO
SEMANA 18 DE MAIO



                                                                                                            







Ola familias!

  Esta semana vos propoñemos un xogo de espías, ladróns, ou de misións secretas. Non vos asustar, é máis doado do que parece !!
  Podemos facelo no corredor ou no balcón da nosa casa. Tendes que botarlle un pouco de imaxinación, contar unha súper historia: somos uns ladróns que imos roubar unha xoia a un museo, ou espías que buscan pistas para resolver un enigma,  rescatar ao peluche preferido, ou que buscamos aos malos para evitar que se adueñen do mundo!!!!
 Precisamos:
·               Cinta de carpinteiro/ carrocero, coma as que usan os pintores.
·               Tiras de papel (podemos facelas con xornal ou calquera outro), lazo, cinta…o que teñamos pola casa
·               Ganas de xogar e imaxinar
O único que hai que facer é ir pegando tiras de papel nas paredes ¡coma luces laser !. @ nen@a debe ir pasando entre as cintas, tentado tocar o menos posible
 Podemos facer un percorrido da misión por toda a casa, escondéndonos nas esquinas, debaixo da cama, detrás das portas, as luces láser serán unha parte máis do percorrido para chegar ao obxectivo: unha xoia, o seu xoguete preferido, coller aos malos,descifrar o enigma…o que escollades, incluso poden atopar unhas chuches!.
ACTIVIDADES SEMANA 11 DE MAIO



ACTIVIDADES SEMANA 11 DE MAIO



Ola familias!!!

Como vai todo?

        Esta semana vos propoñemos unha actividade moi entretida: facer un DOMINÓ!
Podemos utilizar diferentes materiais de refugallo ou da natureza.
Necesitaremos:
-         Unha base para facer as fichas :poden ser pedras, rectángulos de cartón, de madeira, goma eva…
-         Escollemos de que queremos facer o dominó: de cores, números, animais …
-                                            Dividimos cada ficha en dúas partes e poñemos o debuxo escollido en cada unha delas, asegurándonos de que a seguinte siga a serie.
-                 A XOGAR!!!!


                                            



ACTIVIDADES SEMANA 4 DE MAIO


ACTIVIDADES SEMANA 4 DE MAIO



Boas familias,

A actividade desta semana é facer un títere utilizando como base unha pinza da roupa.


Ademáis de ser unha actividade divertida e creativa a utilización da pinza axuda a traballar ós dediños dos nen@s para ter máis forza e coordinación.

Para elaboralo…

Primeiro: pensade o modelo que vos gusta. Pode ser como queirades pero ten que ter dúas partes para que a pinza poida abrir.

Segundo: desenvolvede a vosa creatividade no papel, cartulina, cartón, con cores, témperas, plastilina, pegatinas…

Terceiro: pegade o monicreque nas partes da pinza correspondente.

Cuarto: xogade co voso monicreque, abride e pechade a pinza e ao rematar deixádeo posto nun lugar para decorar.








Se queredes podedes facer máis e xogar a facer historias divertidas con eles. 

                        Ánimo peques!









ACTIVIDADES SEMANA 27 ABRIL


ACTIVIDADES SEMANA 27 DE ABRIL




Ola familias!

                               Esta semana conmemoramos o " DÍA DO LIBRO"



      Ademais das actividades de cada aula, vos animamos a participar nas actividades que se propoñen para todo o cole.

                             Estade atent@s que igual hai algunha sorpresiña!!!

Falando de sorpresas, temos unha pendiente. Recordades a lista de ingredientes que vos adiantamos a semana pasada?  Serve para...
                                               
                                              FACER PLASTILINA CASEIRA!!!



AQUÍ vos DEIXAMOS varios ENLACES con distintos xeitos de facela. É un proceso doado e divertido, recordade seguir as normas de conservación.


1.- https://www.trucosdefamilia.com/como-hacer-plastilina-caser

a-en-cinco-minutos-y-sin-coccion/
.

2.-https://cookpad.com/hn/recetas/11845335-plastilina-casera-%F0%9F%8C%88.


 OUTRA FORMA DE FACELO CON  MAIZENA E CREMA HIDRATANTE: (ESTA NON A PODEN LEVAR Á BOCA)

                                           https://youtu.be/cpKTU5TV7CQ


                           ACTIVIDADES DE AULA PARA  A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL


ACTIVIDADES  CIRCO

ACTIVIDADES  EXPLORADORES




OLA A TODOS, PEQUES E FAMILIAS,

A ACTIVIDADE PARA  ESTES DÍAS É:

·       CONSTRUÍR UNHA CABAÑA OU REFUXIO.

TRÁTASE DE BUSCAR UN RECUNCHO NA VOSA CASIÑA E MONTAR COA AXUDA DE TEAS, MANTAS, COXÍNS, ALFOMBRAS, ALMOFADAS…, UN  MONTÓN DE COUSAS QUE PODEDES UTILIZAR, UN ACOLLEDOR REFUXIO.


ESTE REFUXIO VAI SERVIR PARA PASAR FERMOSOS MOMENTOS MONTANDO HISTORIAS DIVERTIDAS COS VOSOS XOGUETES, DESCANSAR UN POUQUIÑO TRANQUILAMENTE, CONVERSAR ACOCHADIÑOS CON ALGUÉN DA VOSA FAMILIA …
NEL PODEDES GARDAR O VOSO BONECO PREFERIDO, UN CONTO SÚPER CHULO, UN XOGUETE QUE VOS ENCANTE, ALGO QUE VOS AXUDE A RELAXARVOS, UN TAPPER CON FROITA POR SI VOS ENTRA A FAME, UNHA LANTERNA OU OBXECTO QUE DE LUZ PARA XOGAR NA ESCURIDADE...




AQUÍ TENDES INFORMACIÓN QUE PODE SER DE AXUDA: https://www.veobio.es/blog/por-que-los-ninos-y-ninas-hacen-casitas/

 


 ESPERAMOS QUE O PASEDES MOI BEN CONSTRUÍNDO O VOSO REFUXIO E CREANDO MOI BOS MOMENTOS NEL.
BICOS MOI GRANDES PARA TODOS, AS PROFES.

  • OUTRA COUSIÑA, PARA A ACTIVIDADE DA PRÓXIMA SEMANA ÍMOS NECESITAR OS SEGUINTES INGREDIENTES:


·         FARIÑA
·         ACEITE
·         VINAGRE BRANCO OU ZUME DE LIMÓN
·         SAL
·         COLORANTE ALIMENTICIO


SORPRESA!!!!!!






ACTIVIDADES CIRCO
             13-17 ABRIL
ACTIVIDADES EXPLORADORES
             13-17 ABRIL











OLA FAMILIAS!!!

Comezamos o terceiro trimestre con incertidume, pero con moitas ganas e ilusión.





Que tal a Semana Santa?

Nós o pasamos moi ben facendo cestos, o xogo de pistas e comendo o roscón. Quedou moi, moi rico, aínda que custou moito amasalo, estivemos unha hora dándolle ás mans.  


        
 Mandádenos aos correos das profes como vos foi nas vacacións, pode ser cun debuxo ou outra obre de arte, podedes acompañalo con fotos , cun audio…. ESTA É A ACTIVIDADE PARA HOXE!!!!!


        Esperamos entusiasmadas eses correos para saber de vós e  explicarvos como nos imos organizar a partir de agora.

 vémomos mañá!



 






ESTA SEMANA ESTAMOS DE VACACIÓNS, ASI QUE FAREMOS  ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS. PROPOÑEMOS FACER UN ROSCÓN (RECEITA NA PESTANA DE ACTIVIDADES DE CENTRO), E UN XOGO DE PISTAS.


NESTA ÈPOCA NON PODÍA FALTAR A VISITA DO COELLIÑO DE PASCUA, QUE PODE SAÍR DA CASA PORQUE É INMUNE AO CORONAVIRUS.
O COELLIÑO VISITOU AS VOSAS CASAS E FOI DEIXANDO SORPRESIÑAS (OVO DE CHOCOLATE, CARAMELO, GALLETA…) QUE TES QUE IR   ATOPANDO.



A MODO DE PISTAS, FACEMOS TARXETAS COA PALABRA OU DEBUXO DO LUGAR ONDE ESTÁ ESCONDIDA A SORPRESA. 

 



ESCONDEMOS TODAS AS TARXETAS (MENOS UNHA) NO LUGAR ANTERIOR, PARA QUE CANDO A ATOPEN POIDAN IR AO LUGAR QUE SE INDICA E ATOPAR A SORPRESA QUE PUXEMOS ALÍ TEMOS (UN OVIÑO DE CHOCOLATE, UNHA GALLETA, GOMINOLA...).
A TARXETA QUE NON ESCONDEMOS É A PRIMEIRA QUE LLE IMOS DAR AO NEN@ PARA QUE COMECE A BÚSQUEDA.
 POR EXEMPLO :                            
NESTE LUGAR ATOPARÁ O PRIMEIRO AGASALLO E A SEGUINTE PISTA. SEGUIRÁ BUSCANDO AS DEMAIS TARXETAS ATA ATOPAR NO DERRADEIRO LUGAR O AGASALLO SOLO.

PARA IR GARDANDO OS AGASALLOS QUE VAN ATOPANDO,   OS PEQUES (COA VOSA AXUDA) PREPARARAN ANTES DE COMEZAR A BUSCA UNHA CESTIÑA.  PODEN USAR MATERIAL DE REFUGALLO COMO POR EXEMPLO A METADE DUN CARTÓN DE LEITE E DECORALO CON ORELLAS, CARA E RABIÑO DE COELLO. AQUÍ DEIXOVOS ALGUNHAS IDEAS PERO  DEIXÁDEVOS LEVAR POLA VOSO IMAXINACIÓN E CREATIVIDADE.    
 


Preme na IMAXE

Preme na  IMAXE 

 
ESPERAMOS QUE O PASEDES MOI BEN !

Preme na imaxe para entrar na clase do CIRCO


Preme na imaxe para entrar na clase dos EXPLORADOR@S


                                                              


Como estades amiguiñ@s?. Temos  moitas, moitas ganas de vervos. Espero que esteades levando o mellor posible esta situación. Seguro que xogades moito coa vosa familia!!!


 Que tal van os debuxos e carteis ?? Algúns xa foron chegando, sodes uns ARTISTAS.

Esta semana vos propoñemos facer un colar con pasta
(macarróns, caracois...o que teñades pola casa)
Podedes pintalos, decoralos…e logo os insertades nun
 fio ou cordel, decimoslle a alguén que nos axude a anudar e colar rematado!!
    Que vos parece se facedes
     para alguén máis da familia?

Poñervos guapos e guapas, ben peiteados e elegantes e tomar algo na terraza ou no xardín aproveitando este sol que nos acompaña.

Tamén podemos facer serpes ou calquera outra idea que teñades.

 Nos gustaría xogar as adiviñas, así que pensade unha, escribila, decorala e a mandades ao correo da profe. Irémolas publicando para que apuntedes as respostas. O venres daremos as solución, cantas acertaredes?



Recordade o dito sobre a realización das propostas de actividades, nos adaptamos á nosa realidade e ao nos@ peque. A importancia do afecto, de sentirse aceptado e coidado son indispensables para o seu desenvolvemento, e para unha aprendizaxe de calidade.         
   O noso papel é o de acompañalos, podemos propoñer, pero non impoñer. 
      É importante que os escoitemos, facilitemos espazos e tempos para que expresen as súas emocións, e máis, nesta situación tan atípica (pintando, falando, movéndose, xogando…) para recollerse e estar consigo mesm@ ( unha mantiña con coxíns no chan, un tipi, casita de tela…), que os observemos e tentemos comprendelos, nun     AMBIENTE AMABLE E CON LÍMITES ESTABLECIDOS.




Ola!!!!
Espero que esteades tod@s estupendamente. A partir de agora utilizaremos, ademais do grupo de difusión, o blog do cole para poder compartir información, actividades e outras expreriencias.
 Aquí vos deixamos material para poder imprimir, pero como vos dixen, podedes facelo vós mesm@s.










Premendo na imaxe podes ver contido para esta idade de distintas áreas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario