O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere agradecervos a tod@s a vosa participación, enviando as palabras para poder elaborar este fermoso vídeo, e así lembrar que aínda que non podemos estar xuntos nestes momentos sabemos traballar en grupo, colaborando para celebrar de igual forma un día tan especial para a nosa Lingua.
GRAZAS POLA VOSA CREATIVIDADE
Ola
a tod@s!
O Equipo de Dinamización da Lingua
Galega quere darvos a benvida a esta páxina que ten como finalidade difundir
tódolos traballos relacionados coa Lingua, a Literatura e a Cultura Galega e
promover a través de actividades, contos, cancións, vídeos, etc. o uso do
galego.
Comezamos compartindo as palabras de Manuel
María do seu poema A FALA.
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001).
No hay comentarios:
Publicar un comentario