RETOS E XOGOS



             23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO











 Esta Semana Santa tes tempo para practicar o gran            
                               RETO!!!!

  En Educación Física a actividade desta semana era facer malabares. Na pestana de Educación Física, se explica que as pelotas se poden facer con calcetíns, pelotas de tenis, globos con arroz… dálle un vistazo!
Tamén tedes videos con exercicios para practicar, pero non son nada doados!!!

                O RETO desta semana consiste en ser uns verdadeiros  
           MALABARISTAS.
                       
                  Practica moito e ensínanos a que NIVEL chegas!!!
Mándanos algún video, procura que non dure máis de 10 segundos ( podes mandar varios)

                NIVEIS QUE TES QUE IR SUPERANDO. 

Recordad
e, os DEMAIS membros da FAMILIA tamén poden participar, pois os últimos

niveis son para adultos, aínda que vos animamos a intentalo.

Nivel 1:  larzar a pelota ao aire e recollela coasa dúas mans.
Nivel 2: lanzar a pelota dar unha palmada e recollela coas dúas mans.
Nivel 3: lanzar a pelota dar dúas palmadas e recollela coas dúas mans.
Nivel 4: pasar unha pelota dunha man a outra por arriba.
Nivel 5: lanzar a pelota cunha man e recollela coa mesma man.
Nivel 6: con dúas pelotas na mesma man, lanzar primeiro unha e recollela coa man contraria e logo a outra (exercicio 2 do segundo video do TAFAD).
 Nivel 7: lanzar unha pelota en cada man e recollela. No primeiro video se chama “doble columna alterna”.
Nivel 8: lanzar a pelota e recollela coa mesma man despois de dar ucoa palma na perna (exercicio 4 do segundo video do TAFAD, pero cunha soa PELOTA)
Nivel 9: neste nivel precisamos dúas pelotas. Cambiamos de man as pelotas simultáneamente. Video : ”doble arco simultáneo”.
Nivel 10: igual que o anterior, engadindo o golpeo das mans nos muslos entre o lazamento e a recepción ( exercicio 5 segundo video TAFAD).
Nivel 11: Lanzar a pelota por detrás e recollela coa man contraria. (primeiro video, exercicio 5)
Nivel 12: Lanzar e recoller as dúas pelotas alternativamente coa mesma man.
Nivel 13: facer movemento cruzado con tres pelotas (exercicio 7 do segundo video TAFAD)
Podes probar con moito máis exercicios que hai no blog. Non esquezas mandarnos o video.
A POR TODAS!!!!




podes atopar tamén os videos na pestana
 "páxina principal"

No hay comentarios:

Publicar un comentario