martes, 9 de octubre de 2018

XOGAMOS TOD@S A OUTROS XOGOS (PATIOS DINÁMICOS)


A proposta consiste en que un día á semana todo o alumnado de educación primaria comparta o mesmo espazo do patio para xogar a unha serie de xogos . Ditos xogos  apréndense nunha sesión previa na que participa todo o alumnado e  o profesorado, para espertar nos nenos/as o interese por utilizalos noutros tempos de lecer.

Con este proxecto pretendemos:
  •  Ofrecer alternativas de xogo diferentes ao fútbol  e diminuír os conflitos.
  • Dar a posibilidade de que o alumnado xogue con nenos e nenas de diferentes idades  e polo tanto mellorar as relacións sociais, a cooperación , a axuda mutua . .. 
  • Favorecer a aprendizaxe  de valores  como a democracia, o respecto polas diferencias, e a coeducación. 

Nun taboleiro informativo, situado no recibidor do colexio, infórmase das datas dos próximos “PATIOS DINÁMICOS”. E nunha caixa anexa, hai o material necesario para os xogos.

 Nunhas semanas organizarase  outra sesión colectiva para aprendizaxe de novos xogos .
 Estade atentos/as

Este luns fixemos o noso primeiro PATIO DINÁMICO.







No hay comentarios:

Publicar un comentario