miércoles, 12 de junio de 2019

Xornada de sensibilización : "PONTE NO MEU LUGAR"

Descubre as miñas capacidades ... "PONTE NO MEU LUGAR"


No día de hoxe, grazas á colaboración das asociacións ASEM, ACEESCA e COGAMI puidemos gozar os alumn@s de terceiro a sexto de primaria dunha xornada de catro actividades para sensibilizarnos das múltiples capacidades e potencialidades das persoas con diversidade funcional.

Traballamos repartidos en catro grupos para visitar en diferentes quendas as actividades programadas:

  • ACTIVIDADE 1: "Actividades adaptadas para cegos" 

Coñecer o alfabeto Braille (máquina Perkins), baralla de cartas española, libros de texto, xogos de discriminación táctil, uso do bastón para cegos polas instalacións do centro.

  • ACTIVIDADE 2: "Formación en LSE"

Formación nunha serie de signos básicos e exhibición dunha canción LSE.

  • ACTIVIDADE 3: "Charla de sensibilización"

Charla e dinámica impartida por usuarios da Asociación onde se comenta de forma próxima a experiencia de dúas persoas que viven en cadeira de rodas... como lles cambia a vida coa aparición da enfermidade, dificultades e como se enfrontaron a elas, vivencias...

  • ACTIVIDADE 4: "Circuito"

Participamos nun circuíto con cadeiras de rodas onde temos que desprazarnos experimentando as dificultades que se nos presentan e adquirindo algunhas nocións técnicas que nos poden axudar a manexarnos na contorna.

AGRADECEMENTOS A ASEM, ACEESCA E COGAMI POR FACER POSIBLE ESTA ACTIVIDADE TAN INTERESANTE.
Resultado de imaxes para logo asem pontevedra    Resultado de imaxes para logo ACEESCA  Resultado de imaxes para logo COGAMI
















No hay comentarios:

Publicar un comentario