O Equipo de Dinamización da
Lingua Galega quere saudarvos e lembrarvos que o 17 de maio celebrouse o Día das
Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero, unha das figuras de
referencia na historia do idioma galego: como investigador, autor literario,
docente e promotor da nosa lingua.
É o responsable da primeira gramática do galego e da primeira historia da literatura galega contemporánea, ademais de ser o primeiro profesor en ocupar a cátedra universitaria de Lingüística e Literatura galegas. Un auténtico pioneiro e un incansable defensor da nosa identidade como comunidade, como pobo, como país.
A celebración deste ano 2020 foi especial e non puidemos traballar tod@s xuntos no colexio, por iso a continuación deixamos unha serie de vídeos e xogos que vos van axudar a coñecer máis da vida e da obra do autor homenaxeado.

Samuel Soto dedícalle unha canción a Ricardo Carballo Calero..
Cuestionario musical sobre Ricardo Carballo Calero.
Telexornal
Conto: "As pitas baixo a choiva"
Xogo de preguntas sobre o conto; "As pitas baixo a choiva".
Preme na imaxe.
Proxecto: "As pitas baixo a choiva".
No hay comentarios:
Publicar un comentario