martes, 14 de marzo de 2023

LA LOCA AVENTURA DEL AHORRO

 O 15 de marzo celébrase o Día do Consumo Responsable, un día que nos serve tanto para recoñecer os nosos dereitos como persoas consumidoras como para aprender a consumir de maneira consecuente.

Grazas a unha iniciativa de Afundación de Obra Social ABANCA os nenos/as de 1º a 6º de Primaria poderán traballar a responsabilidade e a toma de decisións da vida real, a través da educación financeira empregando unha ferramenta didáctica baseada na gamificación.

Segundo a súa idade cada alumno/a deberá premer no enlace do seu curso.

IMPORTANTE: Con Chrome no funciona



PRIMEIRO

SEGUNDO 

TERCEIRO

CUARTO

QUINTO

SEXTO

jueves, 2 de junio de 2022

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O noso colexio está moi concienciado co coidado do medio ambiente. O noso proxecto de centro deste ano loita pola sostibilidade, polo que todas as actividades buscan lograr este obxectivo.

O alumnado de 4º de Educación Primaria, despois de moito investigar, elaborou este guión e gravou este vídeo para concienciar á comunidade educativa dun problema moi grave: a contaminación dos nosos océanos. 

Descubre o seu traballo no seguinte enlace:

MERGULLADOS ENTRE PROBLEMAS AMBIENTAIS

jueves, 26 de noviembre de 2020

CONMEMORACIÓN 25 DE NOVEMBRO NO C.E.I.P PLURILINGÜE DOMAIO

 


VÍDEO


TODAS E TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO E EN PROL DA IGUALDADE !

Grazas por colaborar

viernes, 20 de noviembre de 2020

RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS

  Deixámosvos os seguintes materiais para reflexionar  e  traballar co alumnado  o tema da violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres, durante os días previos ao 25 de novembro, data na que se conmemora O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 NOVIDADES


Proposta de actividades 

Actividade 1: Repartir tarxetas con diferentes actividades ao alumnado. Por exemplo: cociñar, coser un botón, depilarse as pernas, levar saia, ... Dividir o encerado en dous, nunha parte poremos as etiquetas que socialmente adoitan facer as mulleres, e noutra a que adoitan facer os homes. Acabamos a actividade borrando a liña que divide o cadro para explicar que aínda que adoitamos asociar determinadas tarefas a un xénero, non debería ser así, e cada un debe ser libre para crecer e realizar as mesmas tarefas que o outro.

 

Actividade 2: Lectura ou audición do conto.

 

Actividade 3: Repasar as mans nun folio. Intercambiar unha man cun compañeiro ou compañeira. De forma que unha man sexa a propia do alumno e a outra dun compañeiro ou compañeira. Pintar as uñas ao gusto. 

 

Actividade 4: ( Alternativa á actividade 3) Decorar a seguinte imaxe.

 


miércoles, 18 de noviembre de 2020

PROPOSTA PARA DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

No CEIP De Domaio estamos moi concienciados/as sobre a igualdade e a non violencia sobre as mulleres, polo que propoñemos ao alumnado e as súas familias a elaboración dun cartel no que se recolla un lema en contra da violencia de xénero ou sobre a igualdade de homes e mulleres, rexeitando todo tipo de violencia e estereotipos de xénero.

Despois realizade unha fotografía retratándose co cartel, e enviala por Whatsapp ao centro antes do luns 23 de novembro. Realizaremos un vídeo con todas as imaxes para conmemorar este día.

GRAZAS POR PARTICIPAR!! 

XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO.


Preme na seguinte imaxe para ter acceso a materiais e actividades realizadas en cursos anteriores.



martes, 8 de septiembre de 2020

miércoles, 3 de junio de 2020

Non mo digas!


Boas familias! Hoxe vos traio un xogo para traballar a expresión oral e a definición de palabras. Un xogo clásico pero divertido, ambientado neste caso en vocabulario de verán: o TABÚ

No seguinte enlace atoparedes as tarxetas para xogar todos en familia.

Tabú

Saúdos!