viernes, 20 de noviembre de 2020

RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS

  Deixámosvos os seguintes materiais para reflexionar  e  traballar co alumnado  o tema da violencia de xénero e a igualdade entre homes e mulleres, durante os días previos ao 25 de novembro, data na que se conmemora O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 NOVIDADES


Proposta de actividades 

Actividade 1: Repartir tarxetas con diferentes actividades ao alumnado. Por exemplo: cociñar, coser un botón, depilarse as pernas, levar saia, ... Dividir o encerado en dous, nunha parte poremos as etiquetas que socialmente adoitan facer as mulleres, e noutra a que adoitan facer os homes. Acabamos a actividade borrando a liña que divide o cadro para explicar que aínda que adoitamos asociar determinadas tarefas a un xénero, non debería ser así, e cada un debe ser libre para crecer e realizar as mesmas tarefas que o outro.

 

Actividade 2: Lectura ou audición do conto.

 

Actividade 3: Repasar as mans nun folio. Intercambiar unha man cun compañeiro ou compañeira. De forma que unha man sexa a propia do alumno e a outra dun compañeiro ou compañeira. Pintar as uñas ao gusto. 

 

Actividade 4: ( Alternativa á actividade 3) Decorar a seguinte imaxe.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario