miércoles, 18 de noviembre de 2020

PROPOSTA PARA DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

No CEIP De Domaio estamos moi concienciados/as sobre a igualdade e a non violencia sobre as mulleres, polo que propoñemos ao alumnado e as súas familias a elaboración dun cartel no que se recolla un lema en contra da violencia de xénero ou sobre a igualdade de homes e mulleres, rexeitando todo tipo de violencia e estereotipos de xénero.

Despois realizade unha fotografía retratándose co cartel, e enviala por Whatsapp ao centro antes do luns 23 de novembro. Realizaremos un vídeo con todas as imaxes para conmemorar este día.

GRAZAS POR PARTICIPAR!! 

XUNT@S CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO.


Preme na seguinte imaxe para ter acceso a materiais e actividades realizadas en cursos anteriores.



No hay comentarios:

Publicar un comentario