lunes, 30 de marzo de 2020

ACTIVIDADES PARA A CLASE DO CIRCO :



        Facemos unha botella da calma ou sensorial, temos as dúas opcións.
Collemos unha botella de plástico e a enchemos de auga. Se engadimos un pouco de glicerina ou gomina faremos a botella da calma, se non unha botella sensorial, onde os elemntos se moven mais rápido. Escollemos se lle poñemos brillantina, boliñas de cores, virutas das pinturas cando afiamos, botóns pequenos, pedriñas diferentes…o que máis nos guste. Cerramos a botella e aseguramos     a tapa con cinta aislante para que non a poidan volver a abrir.


          Emparellamos calcetíns, guantes… calquera obxecto que teñades dous iguais. Presentamos todo nunha caixa e lle pedimos que fagan as parellas, que xunten as que son iguais. É unha actividade que xa dominan.

       Comparamos cantidades usando cuantificadores básicos (mais- menos- igual).

1.- Facemos nós un conxunto.
2.-Pedimos que faga outro que teña máis.
3.- Repetimos a operación , pedindo que poña menos, igual…as veces que queiramos.
4.- @ nen@ fai os dous conxuntos e explica cal ten máis – menos elementos, ou se son iguais.
            

Xogamos á máquina transformadora. É un xogo de lóxica coa que comezamos a traballar a transformación das cualidades, requisito previo para procesos matemáticos como a suma e a resta.
Polas características e necesidades propias da idades dos vos@s fill@s é indispensable que primeiro sexa unha actividade vivencial. Isto quere decir que vivirán a experiencia co seu propio corpo. Así que construiremos unha máquina que nos transforme as nosas cualidades.
É doado. Non vos asustar…
Consiste en acondicionar un espazo onde poida entrar por un lado, poñer un collar, gorro, uns zapatos de mamá… un disfraz e sair por outro transformado!!!
Podemos usar una saba da cama colgada no tendal, facer oco detrás dunha cortina…
O primeiro día poremos varios elementos para disfrazarse nunha caixa que colocamos detrás da saba ( tede en conta que o ten que facer rápido . Entra na máquina dicindo adeus,  pon os complementos ou disfraz que queira detrás e sae polo outro lado. Pasaremos tod@s a transformarnos. Que divertido!!
O segundo día e seguintes o nen@ clasifica os elementos para vestirnos  en tres caixas:
1.- Elementos que poñemos na cabeza
2.- Elementos que poñemos no tronco e extremidades.
3.-Elementos que poñemos nos pés.
Teremos preparadas tres tarxetas nas que debuzamos : unha cabeza, dous pés, o corpo sen cabeza e sen pés.
Antes de entrar hai que coller unha tarxeta e vestirse co que hai na caixa que nos indica a tarxeta.
Podedes sacar fotos e facer unha secuencia temporal facendo fincapé nos conceotos antes -despois.

          Imos gardando rolos de cartón e envases de iogures ou similar, tapas de botellas e botellas de plástico. Para a semana faremos construcción e xogos con este material.

    


                                     Espero vervos pronto!!!
    








No hay comentarios:

Publicar un comentario