Ola a tod@s, aquí deixo para a clase de 4 e 5 anos unhas tarefas para descargar e imprimir. En caso de que alguén non poida facelo deste xeito, dependendo da actividade, pode realizala a través da pantalla ou copiándoa nunha folla en branco, por exemplo. É flexible para que cada familia se adapte o mellor que poida na súa situación.
Presentádelle a tarefa ao voso fillo ou filla cunha pequena explicación. Despois, mentras a realiza, prestádelle a vosa axuda cando o solicite. Para esta semana a modo de pasatempos:
1. SOPA DE LETRAS: buscar as palabras que veñen acompañadas coa imaxe dos bichiños na sopa de letras. Cando atope unha palabra colorear os recadros das letras que conforman dita palabra. Cada palabra mellor cunha cor diferente. Tamén poden colorear os bichos.
2. MENSAXE SECRETA: escribir a letra que corresponde a cada número coa axuda do código. Se o resolven ben, descifrarán a mensaxe. Tamén poden escribir o seu nome co código e se lles apetece calquera outra palabra.
3. LABIRINTO: trazar o camiño para chegar ao destino. Primeiro o faremos co lápis por si temos que facer varios intentos. Despois podemos repasalo con cores, rotulador, pintura, pegatinas...
4. SUMAS: contar os puntiños de cada dado e escribir o número. Para atopar o resultado algúns nenos e nenas xa utilizan os seus dedos, ou podemos utilizar pequenos obxectos que axuden a entender que xuntamos as dúas cantidades.
5. BUSCAR: buscar os distintos elementos, que aparecen á marxe dereita, na imaxe e colorealos. Algúns están un pouco agochados, así que hai que manter os ollos ben abertos!.
UNHA APERTA MOI GRANDE EXPLORADORES!!! BÓTOVOS DE MENOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario