lunes, 30 de marzo de 2020

OLA TOD@S!!


Como estades amiguiñ@s?. Temos  moitas, moitas ganas de vervos. Esperamos que esteades levando o mellor posible esta situación. Seguro que xogades moito coa vosa familia!!!

 Que tal van os debuxos e carteis ?? Algúns xa foron chegando, sodes uns ARTISTAS.

Esta semana vos propoñemos facer un colar con pasta
(macarróns, caracois...o que teñades pola casa)
Podedes pintalos, decoralos…e logo os insertades nun
 fio ou cordel, decimoslle a alguén que nos axude a anudar e colar rematado!!
    Que vos parece se facedes
     para alguén máis da familia?

Poñervos guapos e guapas, ben peiteados e elegantes e tomar algo na terraza ou no xardín aproveitando este sol que nos acompaña.

Tamén podemos facer serpes ou calquera outra idea que teñades.

 Nos gustaría xogar as adiviñas, así que pensade unha, escribila, decorala e a mandades ao correo da profe. Irémolas publicando para que apuntedes as respostas. O venres daremos as solución, cantas acertaredes?


Recordade o dito sobre a realización das propostas de actividades, nos adaptamos á nosa realidade e ao nos@ peque. A importancia do afecto, de sentirse aceptado e coidado son indispensables para o seu desenvolvemento, e para unha aprendizaxe de calidade.         
   O noso papel é o de acompañalos, podemos propoñer, pero non impoñer. 
      É importante que os escoitemos, facilitemos espazos e tempos para que expresen as súas emocións, e máis, nesta situación tan atípica (pintando, falando, movéndose, xogando…) para recollerse e estar consigo mesm@ ( unha mantiña con coxíns no chan, un tipi, casita de tela…), que os observemos e tentemos comprendelos, nun     AMBIENTE AMABLE E CON LÍMITES ESTABLECIDOS.




                                                              
    

No hay comentarios:

Publicar un comentario