Este poema/canción é para lavarse as mans e podemos utilizalo cos nenos/as pequenos/as (Susan Perrow – marzo 2020)
Esta rima, serve para axudar a concienciar e establecer rutinas, sempre xogando e/ou cantando aos nosos nenos/ as, para protexerlles/nos de o posible contaxio do Covid.19.
Cando esta alerta sanitaria pase. podemos seguir utilizandola para establecer rutinas de hixiene.
Teño 10 peixiños
Encántalles nadar e bailar
Cada día gozan
Da auga limpa,
da auga fresca
máis e máis.
Cada peixiño frégase
Con escuma xabonosa.
Da cabeza á cola.
da cola á cabeza-
e unha fervenza de auga
toda a escuma aclara.
Os meus peixiños teñen que lavarse
Moitas veces cada día,
Antes de empezar a xantar
despois de moito xogar e recoller.
e tamén ao acabar o
día.
Todos os meus peixiños
Despois de usar o baño,
Gozan encantados dun bo enxabonado,
Que é un bo traballo.
Cando acaba a diversión,
Sacudo ben as mans
Os seco con coidado,
E xa para outro sitio marchamos.
Achegamosvos ademais outros recursos como apáxina web de Tamara Chubarovsky na que tedes vídeos e tutoriais de actividades para facer coas vosas crianzas https://www.tamarachubarovsky.com/ : actividades como a asamblea, canción para lavarse as mans, vídeos de cómo empregar unha linguaxe axeitada cando queremos que fagan cousas ou porlles límites, e rimas de dedos para axudalos a articular ben e a disfrutar en familia. Este material é para que o vexades e logo o experimentedes con eles e non para poñerlles os vídeos directamente. https://www.tamarachubarovsky.com/2020/03/20/como-sobrellevar-la-cuarentena-la-asamblea/ https://www.tamarachubarovsky.com/2020/03/20/cancion-para-lavarse-las-manos/
Cristina Saraldi é tamén unha gran referencia para aprender ferramentas e recursos para disfrutar da convivencia e establecer un axeitado vínculo entre os membros da familia https://froggies.es/dias-sin-cole-en-casa/ https://froggies.es/juegos-para-comunicarte-sobre-coronavirus/
Moito ánimo. Calquer dúbida e suxerencia seguimos á vosa disposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario