Bo día nenos, nenas e familias! Dende o departamento de orientación agardamos que esteades pasando estes días o mellor posible. Sodes un campións porque o estados facendo xenial. De agora en adiante imos comezar a subir algúns recursos que quizais vos son de utilidade para que o tempo pase máis rápido. O primeiro deles é un conto que agardo que disfrutedes.
O pequeno gnomo que tiña que quedarse na casa. Por Susan Perrow, Marzo de 2020
NOTA INTRODUCTORIA:
Este conto foi escrito para ser contado a crianzas pequeñas (de 3 a 5 anos) que teñen que permanecer na casa durante a actual pandemia C-19. A canción final deixouse aberta para que as familias engadan máis versos a partir das suxerencias das crianzas. O conto pódese modificar para adaptarse a diferentes situacións, por exemplo, Nai árbore podería ser Pai árbore ou Avoa árbore ou Avo árbore. Quizáis prefira omitir a parte sobre a escuela dos gnomos. O protagonista podería ser un rato atrapado na súa casiña ou un paxaro que ten que quedarse a descansar no niño.
O PEQUENO GNOMO QUE TIÑA QUE QUEDARSE NA CASA
O pequeno gnomo estaba estrañado.
Por que tiña que quedarse na casa?
Non sabía todo o mundo canto lles gusta saír e correr aos pequenos gnomos?
Non podía ir á escola, non podía xogar cos seus amigos no bosque e os seus amigos non podían ir visitarlle.
O pequeno gnomo estaba encerrado na súa casa nas raíces da árbore.
Polo menos podía mirar pola súa xanela a través das rocas e as raíces da árbore. Sorprendeuse de cantas cousas podíanse ver: formigas correndo por alí, escaravellos de brillantes cores rubindo por entre as follas caídas e coellos de longas orellas saíndo do seu tobo e volvéndose a esconder.
Pero a pesar de todas cousas que podía ver, o pequeno gnomo cada vez estaba máis impaciente.
Por que tiña que seguir sen saír de casa? Non tiña sentido que non puidese saír.
Entón Nai Árbore rumoreoulle:
“As cousas non son como adoitaban ser, pero, confía en min, pronto poderás saír.
Confía en min, confía…”
O pequeno gnomo sabía no seu corazón que sempre podía confiar en Nai Árbore.
Nai Árbore tiña a sabedoría de todo o bosque!
Nai Árbore sabíao todo. Os paxaros e o vento eran os seus amigos e os seus mensaxeiros.
Visitábana todos os días e compartían con ela as noticias de todo o ancho mundo.
O pequeno gnomo oía cando viñan os paxaros. Oíalles cantar alá arriba nas ramas de Nai Árbore O pequeno gnomo vía cando chegaba o vento. Vía como se balanceaban as ramas dun lado a outro. Ás veces tiña que pechar a xanela para que non entrasen as follas e o po que levantaba este amigo tan ocupado.
Todos os días Nai Árbore rumoreáballe:
“As cousas non son como adoitaban ser, pero, confía en min, pronto poderás saír. Confía en min, confía…”
Así que o pequeno gnomo tiña que confiar e tiña que esperar. Sabía que pronto sería libre para saír a xogar entre as rocas e as raíces da árbore.
Sabía que pronto sería libre para corretear de novo polo bosque.
E mentres esperaba, sorprendíase de cantas cousas que facer podía atopar na súa cómoda casiña nas raíces da árbore.
Remata con esta canción: O pequeno gnomo pode bailar. O pequeno gnomo pode cantar. O pequeno gnomo pode pintar e debuxar e dar pinchacarneiros no chan.
O pequeno gnomo pode bailar. O pequeno gnomo pode cantar. O pequeno gnomo pode limpar e cociñar e aniñarse cun libro de contos.
O pequeno gnomo pode bailar O pequeno gnomo pode cantar O pequeno gnomo .pode … e…
NOTA FINAL:
Susan Perrow dinos que escribiu este conto cunha “estrutura de espello” O conto sinxelamente reflicte a situación e amplíaa con imaxes que axudan a compartir unha mensaxe que é demasiado forte para expoñela directamente aos nenos pequenos. Non menciona ningún límite de tempo, porque sería irresponsable xa que ninguén o sabe neste momento. O propósito deste conto é animar a aceptar a situación actual de “distanciamento social” e axudar a motivar aos nenos para buscar e gozar as actividades que poden facer dentro de casa. Para calquera a quen lle resulte novo o concepto de “conto sanador”, os contos poden axudar a navegar a través das emocións que xorden con diferentes clases de perdas e situacións difíciles. Aceptando no canto de resistíndose á verdade e revestíndoa coa roupaxe da imaxinación, os contos poden axudar a entreteXer a verdade na vida cotiá, sobre todo cos nenos pequenos.
Ademais, adxuntamosvos un enlace a un vídeo de ioga con este mesmo conto.
https://m.youtube.com/watch?v=9eTsVHdY9zE
Un saudiño e ata pronto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario