miércoles, 22 de abril de 2020

De falar vai a cousa


Bo día familias. Hoxe dende o departamento de orientación do cole imos deixarvos un material realizado pola mestra de audición e linguaxe. Trátanse de actividades de diferente índole ás que poderedes acceder dende o symbaloo creado.

As actividades son de...

  • Praxias: son exercicios a realizar cos órganos que toman acción cando falamos como serían os dentes, os beizos,  a lingua, o padal...

  • Respiración, sopro e relaxación: neste apartado atoparedes actividades e xogos para traballar o control da respiración e do propio corpo,  a inspiración  e a espiración.

  • Onomatopeas: as onomatopeas son os sons que realizan os obxectos e as letras, que si nos referimos a elas por como soan, chámanse fonemas. Aquí encontraredes xogos para traballar os sons da vida cotiá e tamén daqueles vencellados directamente cos fonemas.
  • Fonemas: neste caso as actividades estarán divididas por fonemas a traballar. Atoparedes pois diferentes xogos ou alguna App para traballar o fonema /r/ forte e suave, o /s/, o /z/, o /k/ e a /l/.

En próximas publicacións engadiremos novos Webmix para traballar os prerrequisitos da linguaxe, moi importantes para un axeitado desenvolvemento do proceso lecto- escritor.

Sen máis, soamente recordarvos que vos podedes poñer en contacto con nós para calquera dúbida ou necesidade que teñades, xa sexa vencellada con estes exercicios coma en xeral. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario