Novos tips*
Boa tarde familias, desta volta vos adxuntamos unha novas recomendacións ofrecidas polo COPGA (Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia) de cara a sobrelevar do mellor xeito posible estes días que nos quedan na casa. Agardamos vos sexan de utilidade.
->Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmitímosvos unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa.
PARA O ALUMNADO:
- Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
- Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
- Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
- O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
- É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.
PARA AS FAMILIAS:
- Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
- Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
- Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
- Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen.
- Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
- Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios.
PARA O PROFESORADO:
- Racionalizade o traballo que enviedes ao voso alumnado. Lembrade que o alumnado, como toda a comunidade educativa está pasando por unha situación de estrés transitoria.
- Non todo son cuestións académicas, non esquezades o eido emocional do voso alumnado.
DESDE O COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA
DESEXÁMOSVOS A TODA A COMUNIDADE
MOITA AFOUTEZA
Ademais, deixámosvos o enlace á web do COPGA https://copgalicia.gal por se precisades algo máis de información. Do mesmo xeito, o departamento de orientación está a vosa disposición para calquera cousa que precisades.
Sen máis, tomamos coma nosa a frase aquí disposta: moito ánimo e AFOUTEZA!
Casino Night Near Me - MapyRO
ResponderEliminarFind Casinos Near Me, Open 24 hours a 사천 출장안마 Day, with Mapy! 하남 출장안마 Nearby, Casinos Near Me Near 원주 출장샵 Me. MGM National Harbor · 제천 출장안마 Casino 보령 출장샵 at Harrah's Lake Tahoe